Secretaría

O CMUS  Profesional da Estrada e a Escola de Música Municipal son dúas entidades educativas que funcionan conxuntamente na Casa da Música do Concello da Estrada, compartindo  equipo directivo, profesores e ensinanzas de música no Grao Elemental. Estas ensinanzas do Grao Elemental serán para nenos e nenas a partir dos 8 anos e impartiranse ao longo de catro cursos as materias de Linguaxe Musical, Educación Auditiva e Vocal e o instrumento elixido .


O Grao de Iniciación,  para nenos/as de 4 a 7 anos, impártese na Escola de Música, tendo como materias as de Música e Movemento e Práctica Instrumental.


A ensinanzas correspondentes ao Grao Profesional só poden ser impartidas no Conservatorio, estas ensinanzas terán una duración de seis cursos numerados de 1º a 6º, acadando, ao remate das mesmas, o Título de Grao Profesional de Música na especialidade correspondente .