Proba de acceso/aptitude

As probas de acceso aos cursos 1º de Grao Elemental e 1º de Grao Profesional, terán lugar no mes de Xuño. As matriculacións para realizar ditas probas de acceso deberán cursarse nas datas establecidas pola Dirección do Centro. 

Pode descargar aquí o formulario de inscrición para a proba de aptitude a 1º curso de grao elemental.

Video exemplo do desenvolvento da proba de aptitude.

  

Pincha no nome do instrumento e poderás ver unha pequena demostración, realizada por alumnos/as do centro, das especilaidades que se imparten neste Conservatorio.

Clarinete, Frauta Travesera, Guitarra, Percusión, Piano, Saxofón, Trompa, Trompeta, Trombón, Tuba/BombardinoViolín, Violonchelo.

As probas de acceso a outros cursos celebraranse no mes de Setembro. A matrícula nestas probas estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles nos diferentes cursos e para cada especialidade instrumental. A estes efectos, os alumnos interesados deberán solicitar praza para o curso e especialidade instrumental que desexen cursar na última semana de Xullo. Unha vez rematado este prazo, a dirección do Centro comunicará a existencia ou non da praza solicitada. No caso de existir a mesma, a persoa interesada deberá realizar a matrícula na correspondente proba de acceso..

Guía sobre o acceso a 1º curso de Grao Elemental.

Guía sobre o acceso a 1º curso de Grao Profesional.

Guía sobre o acceso a outros cursos de Grao Elemental.

Guía sobre o acceso a outros cursos de Grao Profesional.