Audicións

As audicións realízanse ao longo do curso, facéndoas coincidir co remate de cada trimestre. Nelas os/as alumnos/as poderán demostrar, diante de familiares e amigos, os seus coñecementos e progresos.

As audicións consisten na interpretación de distintas pezas musicais, protagonizadas por alumnos/as do Conservatorio e da Escola de Música, agrupados en conxuntos da mesma especialidade, na Banda Xuvenil, na orquestra do Conservatorio ou a modo individual, mostrando enriba dun escenario as súas boas maneiras interpretativas.

Polo xeral realízanse no Salón de Actos do Centro, no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME) ou no Teatro Principal.

iphoto icon         camara video        logo
Galería de Fotos Galería de Videos Canal de Youtube